|
escrito por Mancomún
o Venres, 08 de Maio do 2009 |
|
Desde Mancomún queremos informarvos, a aqueles que teñades ligadas páxinas de Mancomún, que hai escasamente unhas semanas que decidimos migrar os nosos servizos á un novo xestor de contidos. Procuramos migrar todos os contidos antigos; pero pode ser que algún non funcione xa que é difícil migrar toda a información xerada durante os últimos 3 anos. Por iso, algunhas das antigas ligazóns puideron deixar de funcionar, polo que vos suxerimos que actualicedes calquera ligazón antiga que poidades ter nas vosas webs, blogues, etc... Aquí vos remitimos algunha das novas ligazóns: Ademais, tamén vos animamos a que se atopades problemas no uso cotián da nova web, nolos fagades saber achegando a descrición do problema a través do enderezo de correo mancomun @ mancomun.org. Tamén queremos indicar, que todos os contidos antigos os poderedes seguir atopando de xeito indefinido nesta mesma web e que se manterá como referencia histórica: http://arquivo.mancomun.org |
|
escrito por Mancomún
o Mércores, 08 de Abril do 2009 |
|
Dende Mancomún queremos presentarvos o que será a nova web do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre. Atópase pública desde a seguinte ligazón:  Polo de agora atópase en fase de probas, pero xa é totalmente funcional e, se non hai problemas despois da Semana Santa será a web á que accedades a través do enderezo habitual http://www.mancomun.org, e a través da que se publicarán as novas, actualizacións, produtos, traducións, etc... Durante estes primeiros días queremos animarvos a que a probedes e nos acheguedes as vosas impresións ou os problemas e/ou erros que atopedes. Para iso, podedes facernos chegar as vosas opinións a través do formulario de contacto ou ben a través do enderezo de correo mancomun@mancomun.org. Desta maneira, á volta destes días festivos, trataremos de resolvelos e aplicalos na web coa maior celeridade posíbel. Como poderedes observar, non só se trata dunha revisión de aspecto, senón tamén dun cambio e revisión da estratexia de comunicación da mesma e da plataforma tecnolóxica que a sustenta, ademais de facilitar a usabilidade do portal, dotando de maior visibilidade aos produtos e servizos que ofrecemos. Dentro deste proceso de actualización, Mancomún quixo tamén colaborar no marco tecnolóxico polo que ven apostando a Consellería de Industria, e que permitirá compartir sinerxias co traballo de organizacións do mesmo ámbito, polo que se apostou por un cambio tecnolóxico cara o CMS Typo3. Ademais, todo o proxecto de migración da web púidose seguir de forma totalmente aberta a través do proxecto creado na forxa: Migración Mancomún. Neste proxecto pódense atopar os diversos ficheiros que conforman a migración da plataforma desde o anterior Joomla ao Typo3. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por ifreiria
o Martes, 07 de Abril do 2009 |
|
DVDStyler é unha plataforma libre, que fai posíbel que os entusiastas dos vídeos, creen os DVD con un aspecto profesional. As características máis importantes deste programa son: Crear e gravar vídeo en DVD, con menús interactivos, permite utilizar arquivos MPEG e VOB sen necesidade de recodificar. Posibilita poñer ficheiros con diferentes formatos de audio e vídeo nun mesmo DVD (soporte titleset).
O DVDStyler ofrece unha interface de usuario sinxela do estilo arrastrar e soltar, permite crear menús baseándose en gráficos escalábeis. Tamén se poden importar ficheiros como imaxe de fondo, poñer botóns, textos, imaxes e outros elementos gráficos en calquera sitio da pantalla do menú, ademais de poder tamén cambiar o tipo de letra, as cores e outros parámetros dos botóns e dos obxectos gráficos. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Martes, 07 de Abril do 2009 |
|
A Oficina de Software Libre da USC, xunto coa Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC e o Servizo de Normalización Lingüística da USC, organizan o primeiro obradoiro de tradución de software libre "ETSE Open de SL" para a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo así varios obxectivos recollidos tanto no Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC (PETIC) da USC. Este obradoiro está aberto á participación de toda a comunidade universitaria e ten como obxectivo xeral: promover a participación da comunidade universitaria no proceso de normalización lingüística e de progresiva adopción do software libre na USC. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por jchaves
o Martes, 07 de Abril do 2009 |
|
FreeBSD é un un sistema operativo avanzado para arquitecturas x86 e amd64. É un derivado de BSD, en concreto, a versión de UNIX desenvolvida na universidade de California, en Berkeley e desenvólveo e manteno un gran grupo de persoas . |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Méixome
o Luns, 06 de Abril do 2009 |
|
Portable Ubuntu para Windows é un proxecto de Claudio César Sánchez Tejeda que permite dispoñer dun sistema Ubuntu que funciona como se fose un aplicativo de Windows máis. Construíuse co núcleo Colinux, o servidor de xanelas Xming, e Pulseaudio como servidor de audio. O enfoque deste desenvolvemento non pode ser máis práctico, xa que está pensado para cando necesitamos traballar con máquinas en que está instalado un Windows Vista. O proxecto non é só quen de facer funcionar todo o sistema como aplicativo empotrado senón que tamén é posíbel utilizalo como portátil, e así pode ser levado nun dispositivo de memoria USB. As súas mellores funcionalidades son:
- Que funciona (na maioría dos casos, na maioría dos sistemas).
- Que cabe nunha memoria portátil de certa dimensión e funciona directamente a partir dela.
- Que traballa sobre, e garda nos cartafoles de Windows.
- Que é persistente, os cambios e aplicativos que instala van co sistema.
- Que se xestiona doadamente en Windows, e funciona moi ben en dobres monitores.
Windows trátao como calquera outro programa. Pode cerrar xanelas de aplicativos individuais desde a súa barra de tarefas e saltar entre xanelas do escritorio con facilidade. |
|
Ler máis...
|
|
escrito por mar
o Luns, 06 de Abril do 2009 |
|
Carlos Carrion, profesor de informática do IES San Clemente de Santiago de Compostela, anunciou a través da rolda de correo "softlibre-edugal" a publicación, na plataforma de manuais de dito instituto, dun completo manual de Instalación e configuración básica de Ubuntu 8.10 nun sistema dual, distribuído baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento- Non comercial- Compartir igual 3.0. Aínda que este manual foi deseñado para o curso de formación "Sistema operativo GNU-LINUX: UBUNTU” pretende ser de carácter xeralista e o máis aberto posíbel co obxectivo de servirlle de guía a calquera persoa afeita ao emprego de MS Windows e que pretenda ter no seu computador un sistema dual (MS Windows e GNU/Linux). Trátase dun manual totalmente gráfico, que inclúe máis de 1670 imaxes, que comeza polo máis básico e percorre a instalación de aplicativos, configuración de usuarios, permisos, firewalls, SAMBA... |
|
Ler máis...
|
|
escrito por Mancomún
o Mércores, 01 de Abril do 2009 |
- O Galinux será o protagonista indiscutíbel do expositor de Mancomún: repartiranse máis de 6000 unidades, así como material promocional asociado a este sistema operativo libre e en galego
- Unha reprodución xigante da mascota do Galinux presidirá o posto facendo a delicia de grandes e cativos
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da man do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, disporá dun espazo propio na zona de acceso libre do Xuventude Galiza Net para dar a coñecer o seu traballo e as vantaxes do software libre a todas as persoas que se acheguen ao maratón informático.
Repetindo a mesma estrutura que tan bos resultados deu na pasada edición do XGN e na Conferencia Internacional de Software Libre (CISL) en Málaga, Mancomún compartirá a súa caseta de exposición con todos os axentes da comunidade galega de software libre. O espazo destinado a estes presentarase baixo o mesmo lema co que xa o fixera anteriormente: “Co Software Libre xogamos todos en Galiza”. Esta estrutura e esta campaña, permitiulle a Mancomún sorprender na CISL, expoñendo unha estrutura colaborativa pouco común no resto de comunidades e coa cal conseguiu atraer a un gran número de interesados. Tanto o posto da Dirección Xeral como o dos axentes -primordialmente, Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre (GGUL)- terán como obxectivo fornecer un espazo que facilite a loxística interna; que permita a difusión de todas as actividades/materiais que se están a facer no eido do software libre; pero, e o que é máis importante, que visibilice o apoio institucional ao software libre a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. |
|
Ler máis...
|
|