| Blusens lanza o seu primeiro portátil e ponlle Linux |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Luns, 26 de Xaneiro do 2009 | |
|
Chámase FreePC e trátase da primeira incursión neste segmento informático do fabricante compostelán. Segundo asegura a empresa 'está pensado e deseñado para satisfacer por igual as necesidades de traballo, entretemento e comunicación dos usuarios'. O FreePC segue a pauta de hardware habitual nestes portátiles de pequeno tamaño e reducido custo. Incorpora un microprocesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, un disco duro de 120 GB e 1 GB de memoria RAM de tipo DDR2. A novidade no FreePC é o seu monitor, de 10,2 polgadas, lixeiramente máis grande que o doutros modelos da competencia, e a incorporación dunha rañura de expansión para tarxetas ExpressCard de 34mm. Dispón, así mesmo, de tres portos USB, conexión Ethernet, lector de tarxetas múltiple (SD/MMC/MMC), webcam de 0,3 MP e conectividade WiFi. A batería é de catro celas cando o habitual na maioría de Netbooks é que sexa de tres celas. Isto, segundo o fabricante, outórgalle unha autonomía de catro horas de funcionamento. Fonte: A Nosa Terra |
















