|
Xa se pode descargar a primeira película feita só con Software Libre |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 19 de Maio do 2006 |
|
"Elephants Dream", a primeira película feita integramente en software libre xa está dispoñible para a súa descarga dende a web dos creadores do proxecto. Ademais distribúese baixo unha licenza creative commons. Se se quere contribuir ao proxecto, pódese encargar un DVD cun coste de 35 € que inclúe a película en alta calidade, os subtítulos en 34 idiomas, o "making of" da película, onde mostran o proceso de creación, e todos os arquivos fonte da mesma.
Artigos relacionados
|